¡¡¡¡Rebaixas, rebaixas, REEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEBAIXAS!!!


Avanti popolo, lume de biqueira! Disque estamos de rebaixas nós tamén, non ïamos ser menos cós do corte inglés (e loh!). Dádevos unha volta pola nosa tenda, que estamos que o rompemos: sudadeiras, camisetas e calzoncillos (este últimos, en breve...). Todo, todo a 10 euros. Oíu ben, señora, 10 euros. Non son quince nin tampouco doce, nin moitísimo menos once. ¡10 euros, señora, 10! Estamos que tiramos a casa pola ventana. Merque agora, e déixese de historias. Luuuuuuuuuuuuuuuuuuuuumeeeeeeeeeeee!!!







 
¡Benvido. Señor de Azul!
Bo día a todos, mozas e mozos, persoas, animais, bichos e ñus. Hoxe abrimos novamente esta vosa web “de urxencia” non para vos falar do disco (tranquilidade, todo vai vento en popa), senón para vos contar dunha nova fichaxe na tripulación lamatumbeira: dende hoxe querémoslle dar a nosa máis sinceira e calurosa benvida a bordo a Xosé Manuel Blanco, responsable de Nalgures Producións, vello conocido tanto da banda coma de calquera que saiba das cousas ben feitas, e, desde xa, novo manager persoal de Lamatumbá.
A chegada de Blanco é o último dunha serie de movementos co que queremos rematar de pechar o noso equipo de traballo, uníndose este aos nosos xa grandes amigos –a pesar de compañeiros…– Xabier Carnota, o noso “oitavo pasaxeiro”, á fronte do noso equipo técnico, e Segundo Grandío nas labores de produción artística, xunto con toda a xente de PAI Música, a nosa nova casa. O mesmo equipo co que, a partir de febreiro do ano que vén, estaremos de volta con todos vós.
A vida dá unhas voltas tan incribles que, ás veces, parece mentira que ela mesma aínda non estea mareada. ¿Cantas curvas serán as que hai desde un escenario de Vilagarcía até un estudio de Mañufe? ¿Cantas ondas na mar, desde a praia de Esmelle ao mar da Prata? De todo corazón: benvido, Señor de Azul.