Libro de visitas
Libro de visitas
Os do baixo miño tamen queremos mirarvos que este verán non asomastedes a cabeza por aquí, espero que veñades pronto.
SAUDOS!!!
Sodes do que non hai rapaces! Onte ardeu Chantada co lume de Lamatumbá!
Madialeva!
É que, como non a espertásemos, o próximo ímosllo facer aos portais de La Zarzuela! Abofé que si!
O concerto do 24 de xullo na Quintana foi apoteosico!!! tedes que saca-lo video... Un concerto inolvidable, podo dicirvos que habia moita xente de fóra de Galicia que se quedou para velo do ben que soaba....
¿Despertaríades a Sofia? Abofé que si!!! jaja
Moitas gracias polo concerto na Quintana. A 1ª vez que vos escoitei, estaba eu traballando no cole de Cuntis. EStaba eu tan ricamente dando as miñas maxistrais clases de música, cando o profe de Galego de Secundaria, faloume dun grupo moi bo que cantaba en galego. Cando tiven por 1ª vez na man o paraugas universal, dixen: - Bua, os típicos listillos que hai que apoiar dende normalización porque cantan en galego(aínda que non sepan facer unha puta escala), menudos gilipollas, ata a música hai que politzar? que asco... collín o disco por coller, escoiteino de camiño a casa, e dende ese día.... son fan total e absoluta. O outro día cando tocastes na miña terra, sentinme idiota por subestimar o poder de lamatumbá, ¿un grupo que canta en galego? non, un grupo formado por MÚSICOS, que ademáis de compoñer temas moi suxerentes, e atreverse tanto con merengue como co que sexa, canta en galego, inclúe fragmentos de temas que deberían ser parte das bandas sonoras das nosas vidas, e que por suposto, que con cada tema anima a cantar e a sentir a música dun xeito especial. e sobre todo moi alegre. Moitas gracias por aparecer na miña vida. Vémonos en Trabada (na 1ª fila, por suposto)

