Noticias
Blog
Hai un galego na lúa? Non temos nin idea, pero, por se acaso, nós poñemos un camaleón en órbita… Temos o astronómico pracer de anunciar o lanzamento de
o novo disco de Lamatumbá 10, 9, 8, 7…

*"A ÓRBITA DA BANDA HIPNÓTICA"*
o novo disco de Lamatumbá 10, 9, 8, 7…

Imos sacar outro disco. Así de claro. As cousas espesas e o chocolate… Free (Nelson Mandela)! Logo de dous anos tras a saída do noso anterior traballo, e de ter aberto o noso Paraugas Universal polos escenarios de toda Galiza, España, Portugal e, desta ocasión, mesmo Francia, xa nos ía chegando o tempo de botar á luz un novo traballo. E tanto que o imos botar! É que mesmo máis ca sacalo, o que imos facer é lanzalo. Como os rusos fixeron cos seus Sputnik. Como o grande Santiago Pemán fixo co Meteosat. Como os ianquis fixeron co lixo espacial. Como un mariñeiro de Ribeira fixo con outro ao que xusto antes lle dixera:- Vouche meter unha hostia que non che vai chegar o espacio para dar voltas… Xusto, camaradas. Aí é a onde imos lanzar nós o noso disco: directo ao espazo, dereitiño ás estrelas (bueno, e a Ribeira tamén. Moito loh!). Nós pediamos Lume (para que saíse o sol), e agora, se os Pink Floyd foron quen de ver a cara escura da lúa, nós imos viaxar á procura das rexións máis tropicais do astro rei. Se os Jefferson mudaron o seu Airplane por unha Starship, nós reformamos a nosa embarcación para convertila nun foguete de verbena intercósmica. E se os Resentidos foran quen de se decatar de que os marcianos eran galegos (ou tal vez de que os galegos somos marcianos, que non che é a mesma historia…), nós imos mandar ao noso propio camaleón Higinio vestido de astronauta para inspeccionar cómo anda a cousa por alá arriba.
6, 5, 4… Sacamos novo disco, escoite: A órbita da banda hipnótica, gravado nos siderais Muu! Estudios de Vigo, cosmonauticamente producido por Lamatumbá baixo a dirección do aprendiz de asteroide Pedro Feijoo, e editado e distribuido polo selo catalán Discmedi. Estades avisados, o próximo día 10 de maio de 2010 imos poñer un disco camaléonico en órbita hipnótica (tede coidado, non vos vaia caer enriba, e aínda levedes un golpe na cabeza…).
3, 2, 1… Señora! O novo disco de Lamatumbá ten un lagarto pintado. Cando a Carolina move o rabo, o lagarto ponse en órbita!

© 2010 - Todos os dereitos reservados | Acceso privado