Blog

 A CORUŃA RABUŃA!!

Imprimir lamatumba - 10-Marzo-2011 - 19:42:35 

Despóis de tres meses sen tocar, despóis dunha complicada temporada de ensaios por motivos laborais (a casa en Cancún non se paga só coa música ;) ), e despóis de tanto tempo sen subir á fregoneta por unhas cousas ou outras, había algunhas cuestións, non dúbidas nin medos, que nos faciamos de camiño á Coruña. Sairá todo ben, estaremos oxidados, nos dará o corpiño para tanto chouto, haberá xente...
Chegamos, montamos os tarecos, probamos os que poidemos (o que vos diciamos da casa de Cancún), e nos puxemos a agardar a hora H. E cando chegou a hora H comprobamos outra vez que A Coruña segue aí, sen nos fallar como leva facendo tanto tempo. E por riba de todo comprobamos, unha vez máis, que vos seguides aí, na Coruña ou onde sexa, tamén sen nos fallar, e tamén dende hai tanto tempo. Contabamos con que houbera xente, pero ver esa sala abarrotada, recoñecer tanta cara coñecida a base de vernos, saudarnos, sorrirnos en tantos torreiros, e debuxar un sorriso na cara foi todo un. Entón, cando o noso amigo Zorba nos dixo aquelo de: "rapaces, desfrutade e a por todas", saímos e disfrutamos, vaia se disfrutamos. Disfrutamos de ser uns tipos tan afortunados que vos temos aí, pase o que pase, bailando, choutando, suando e compartindo con nós ese momento, tantos momentos, tantas festas que non serían  se non foran compartidas con vós. Por todo eso gracias, a vós, a Loretta Martin por unirse á nosa festa, ao noso Pix, que nos segue a facer unhas fotos caralludas, e a todo o que fai que fender o corpiño na fregoneta pague a pena. Gracias A Coruña, gracias xentiña, millóns de gracias.

Seguiremos informando... (xa hai temiñas novos no forno)

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí

Maio

© 2010 - Todos os dereitos reservados | Acceso privado
diseño y programacion: ACV Galaica