Blog

 ARRANCAMOS O ANO!! QUEDAMOS NA CORUŃA O 25!!!

Imprimir lamatumba - 21-Febreiro-2011 - 17:30:15 

   E alá quedou Neda, alá quedou o verán, pasou o outono, e a piques estamos de rematar coma quen dí o inverno. E seguro que alguén pensou neste tempo: Que pasa con estes tipos?, onde se meteron?.
  Pois nada, despois de dous intensos anos de fregoneta cun disco polo medio (co traballiño que da, vale, vale, peor é baixar á mina, pero traballiño leva, e non pouco...), decidimos facer un descansiño de rexeneración neuronal, que boa falta facía. Rematado este descansiño, xa andamos no laboratorio argallando ritmos novos cos que mover os pes, as cabezas, e todo o que sexa susceptible de ser movido pola festa. Se alguén non sabe de qué falamos, ou se alguén ten gañas de refrescar a memoria, quedamos o Venres 25, ás 22 horas na sala O Tunel (Alfonso Molina s/n, A Coruña). A ver se ides pensar que se nos esqueceu como se fai eso de armar unha boa. Alí nos vemos, LUMEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!! 

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí

Maio

© 2010 - Todos os dereitos reservados | Acceso privado
diseño y programacion: ACV Galaica