Blog

 O día que nos fixemos un pouquiño máis maiores...

Imprimir lamatumba - 08-Agosto-2010 - 18:42:50 


Ben, pois alá foi...

Velaiquí vos deixamos o enlace á montaxe realizada polo noso enorme amigo Adrián Cuña, Pixelín, man a man co noso Zearreta. Un resumo de case coarenta minutos para que vos fagades unha idea do que foi saír o pasado 24 de xullo ao escenario da praza da Quintana.

Calquera que se adique á música en Galiza poderavos asegurar que soña cunha noite coma esta. Nós xa a contamos entre  as nosas mellores vivencias, e iso grazas a todos vós,
tanto aos que estivéchedes aló coma aos que polo camiño nos fúchedes empurrando para chegar a poder disfrutar dun momento coma este. Como dixo o vello, xa fun a Vigo, xa mirei o mar!

Velaí o link:
http://vimeo.com/13905510

Chis pum, paravaravá!

(fóra)

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí

Maio

© 2010 - Todos os dereitos reservados | Acceso privado
diseño y programacion: ACV Galaica