Blog

 O 24 DE XULLO, LAMATUMBÁ NA QUINTANA

Imprimir lamatumba - 16-Xullo-2010 - 21:19:14 

Moitas veces resulta que cada un é quen é porque vén de onde vén. E cómpre ter moito ollo con esas viaxes, porque o mundo –un lugar ben curioso– está cheo de lugares que te marcan dun xeito ou doutro. E algúns deses lugares coinciden coinciden –tamén curiosamente– no tempo e no espazo coa situación dalgún escenario. Porque hai escenarios…

        


Así as cousas, se tí es de Ourense, casi de certo que lembras aquel  concerto nos Xardíns do Posío, ou quizáis na Praza Maior, ou na Alameda, mesmo. Se es de Vigo, e non lembras aquel concerto en Castrelos, é porque ese recanto da memoria o tes ocupado co recordo daqueloutro concerto nas Travesas. Ou quizáis non, quizáis non, porque se tí es da Coruña esa noite estabas en Riazor. Nós, que non somos de Monforte nin tampouco de Lugo gardamos no recordo aqueloutra noite no San Froilán, a pasar calor de outono no patio do Seminario. E, non sendo de Pontevedra, temos gravado o recordo das noites na Praza da Ferrería, co lume baixo a choiva... Pero é que, como dí o outro, nós non somos daquí, que somos dalá. Ou igual é que levamos tanto tempo dando voltas polo mundo adiante que xa somos unha migalla de todas partes. Somos desta vila e deste bar, desa cidade e daquel amencer, e daquel aeroporto e daqueloutra furgoneta.
            E sendo así, sabemos que de todos os rincóns aínda hai un que nos queda por visitar, un que nos ferve no peito dunha forma diferente nunha noite especial. Hai un lugar onde a arte molla quinindiola, e as pedras saben cantar. Se tí es de Santiago, se pasaches por Compostela, entón has ter un bo feixe de recordos daquel concerto que viviches entre as pedras da Praza da Quintana. Ao abeiro da catedral, rocking with the apóstol.  Quintana pra arriba e Quintana pra abaixo, bailando os vivos cos mortos e os mortos cos vivos. Dándolle ao riudo toda a noite, e as monxas sen poder durmir ren.
            Agora, por fín, é o noso turno. Na noite do próximo sábado 24 de Xullo, logo da medianoite, Lamatumbá na Quintana. Vinde con nós, porque habemos de facer noso aquilo que Napoleón lles dixo ás súas tropas ante as pirámides de Exipto:

             -Séculos de Historia nos contemplan. Danzade, malditos, danzade!

             (ben, tal vez Napoleón non o dixera exactamente así, pero vos xa sabedes o que queremos decir...)

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí

Septembro

  Domingo 05 

Festa do Pan de Neda

Campo da Feira

© 2010 - Todos os dereitos reservados | Acceso privado
diseño y programacion: ACV Galaica