Noticias
comentarios lamatumba - 25-Agosto-2010 - 13:01:12
Ram dam, piden pan!

- Ferroláns, qué sabedes facer!?
Ao que todos en bloque respostaron.
- Barcos, barcos, barcos! AU!!!
Xente lista, a de Ferrol. Pero ao lado teñen aos de Neda, que tampouco lles vai mal. Xa eles tamén facían barcos, que polo século XIV xa os seus asteleiros. gozaban de grande sona Pero aínda lle daban a máis: sabían facer liño, os seus panos eran de exquisita calidade, eran expertos toneleiros, e mesmo coñecían a segreda ubicación da mítica cidade de Libunca, alá polos castros do monte Ancos. Que aínda non vos chega? Pois velái vos vai unha migalla máis: Pan.
Dos fornos de Neda sae desde hai séculos un pan que nada lle ten que envexar ao de Cea. Pan rico, esponxoso. Nós xa tivemos o gustazo de lle botar o dente á espera dalgún que outro churrasco... E logo, un pan tan rico había merecer unha boa festa sonada, non é? Xa van alá máis de vinte anos que Neda celebra con orgullo a súa Festa do Pan. E este ano, para que o pan saia aínda máis saboroso se cabe, o Lume dos fornos ímosllelo levar nós.
Señora, non lle perda miga! O 5 de setembro, Lamatumbá nas Festas do Pan de Neda. Lume!
comentarios lamatumba - 20-Agosto-2010 - 19:33:24
Aqueloutra muiñeira de Chantada

Qué bonita a muiñeira que bailamos onte en Chantada. Como dixo algún desde o escenario, ogallá desde aí enfronte se nos vexa a nós a metade de lindos do que a vós se vos ve desde o escenario. Qué bonito Chantada, qué bonito o presente que nos fixéchedes! Pasámolo moi ben, todos a cantar, rir e bailar no comezo das festas. Que veñan moitas máis, e que o sigamos a pasar cando menos así de ben!
p.s.- Santa cona, santo carallo, non sei como se comerá na casa de dios, pero nós en Chantada puxémonos até as cachas. Rica a empanada de zamburiñas, rica a cecina, e mais as croquetas de perdiz, e o polbo, e churrasco coma para unha boda! Señora, en Chantada cómese a destallo! (Iso si, a ver quen salta despois...)
comentarios lamatumba - 18-Agosto-2010 - 20:06:04
Señora, este xoves Lamatumbá rozando nos toxos de Chantada!

roxós de porco pra merendar.
Botar as vacas, sachar o millo,
e quedar sen forzas pra fornicar!
Mañá xoves, a partires das once e media, Lamatumbá nas festas de Chantada.
E non se esqueza ninguén: traede protesión solar, porque vos imos queimar!
comentarios lamatumba - 15-Agosto-2010 - 19:13:52
“Señora, o rocanrol non é pecado. Bueno, igual si, pero aínda menos mal…”
Xa alá foi…Onte tocamos en Trabada. Entre os dous pases da orquesta Pas… Qué curioso como dividen estas cousas aos pobos. A un lado os de Vila Orquesta e a outro os de Vila Rock. Tiñades que velo, medio pobo saltando con nós, e outro medio a mirar para o invento a pensar “esta juventú…”. E claro, Zearreta explicando o choio: “Señora, non baila? Veña muller, que o noso é igual, pero cun pouquiño de rocanrol. Pero iso non e pecado. Mmm, bueno, igual si, pero aínda menos mal!”.
Pero non, o certo é que non é igual. Porque logo, cando a orquesta Pas… voltou ao seu escenario para rematar a faena, nun dos momentos álxidos da verbena de repente toda a orquesta parou de golpe. Todos ao mesmo tempo, na mesma semifusa asincopada. Curioso. Foi moi estrano… Cómo volo poderiamos dicir? O mesmiño o mesmiño como se se lles parase o disco. Non pasa nada, o cantante da orquesta, que era o que manexaba o playback (ops, isto o dixen ou só o pensei?) aínda nos ofreceu unha explicación: “isto xa se sabe, son as cousas que lle pasan a un cando se enchufa nun escenario”. Xa, “enchufado”, picarón… E o Toñito a berrarlles desde abaixo “son as cousas do directo!” Ten razón, señora: non, o noso non é o mesmo.
E qué pasa con Manolo T…? Hoxe almorzamos en Vegadeo lendo no xornal que o famoso cantante deu onte un concerto en Cee “en estado lamentable” (“La voz de Galicia” dixit). E nós a lle dar coma memos… Para qué carallo vas facer un concerto de dúas horas, tentando que todo vaia no seu sitio, que soe ben, que as cousas funcionen…? Pero home, se o truco estaba en subir ao escenario mamado coma unha prea para voltar baixar tan só coarenta e cinco minutos máis tarde coa carteira un pouco máis chea, pois xa nolo podían ter avisado antes, non?
Menos mal que para o mesmo exemplar de “La voz…” aínda é titular que alguén diga “Para mí es un orgullo poder cantar en mi idioma natal”. E iso que a rapaza é do Incio! Desde logo, aquí non se divirte o que non quere.
Tanto ten. Veña pra diante, que el ritmo no pare, mecagüen…
comentarios lamatumba - 14-Agosto-2010 - 19:34:39
Entre Trabada e Vegadeo
Pois aquí vos andamos, no noso hotel en Vegadeo (Asturies), apañando forzas para o concerto desta noite en Trabada (Lugo). Ímoslle dando voltas a ver se lle damos collido o punto a isto dos misterios do verán. Qué curioso o mundo e mais as cousas da xestión de eventos folklórico-artísticos do Consorcio... En fin.
Pois iso, que esta noite imos bailar un rocanrol en la plaza del pueblo, en Trabada. Aproveitade, porque sabemos de boa tinta que para o próximo Xacobeo a Trabada van levar a Jean Michel Jarre, e creo que Mark Knopfler xa está confirmado para Portomarín. Ou seica o de Mark xa foi? Ai, non, que o de Portomarín xa o fixemos nós (si, efectivamente, nós si estivemos en Portomarín).
E entre tanto, como xa cantaba John Paul Young aló polo 1978, Love is in the air. Treme, Trabada: "Cupido Tx" is in da'house!
Septembro
Domingo 05
Festa do Pan de Neda
Campo da Feira
